lunes, 30 de marzo de 2020

CALENDARIO DO MES DE ABRIL

Todos os meses o profe Rubén nos traía a aula o calendario de actividades para o mes, pero como o mes de abril comeza estando en casa o calendario vai a vós.
Aquí vos deixo o calendario para que completedes os días de traballo na casa co cole "virtual" e coa casa cando toca descanso, ollo que temos uns días de vacacións por aí.
Se non tes impresora non pasa nada podes empregar o calendario do cole, ou outro que teñas por casa e facer ti o cole, a casa... en pequeniño e colocalo no calendario.
A idea é ir completando cada día coa tarefa que toca, como vedes xa temos as casiñas da fin de semana e tamén temos posto o día do libro. Completa o teu calendario coas cousas que vaias facer. Deixovos as imaxes do calendario e dos pictos (nos que tamén temos 2 para os cumples deste mes) que nos manda o profe Rubén.


No hay comentarios :

Publicar un comentario