Na reunión da semana pasada falamos de gardar algúns materiais para empregalos como recursos dentro da aula, porque é moito mellor reutilizar cousas que xa temos que mercalas novas.
Se queredes colaborar podedes mandar os seguintes materiais:
Caixa de cartón dos queixiños (mellor se son de 16 ou 24 unidades)
Pauciños dos xeados (aínda que xa non é tempo de comelos)
Actualmente estamos empregando os que teñen esta forma pero podedes mandar os que teñades porque seguro que lle imos atopar algunha aplicación, eso sí procurade mandalos xa limpos.
Bolas do roll on do desodorante
Mellor que deixe pasar a luz como a da imaxe, podedes sacala cun coitelo, tede moito coidadiño, ou tamén empegando outro utensilio co que facer palanca, pero se non o conseguides podedes mandalo enteiro e xa o intentamos aquí.
Coma sempre graciñas pola vosa colaboración iremos amosando algunha foto do emprego que lle imos dar na aula.
No hay comentarios :
Publicar un comentario