O xoves tivemos unha visita moi especial nas aulas de 5 anos dun familiar de Emma (5A) para explicarnos en que consiste o seu traballo.
Todos estivemos moi atentos ao que nos contaba e gustounos moito a súa visita, por iso queremos compartir algunhas cousas que aprendimos.
AQUÍ ESTAMOS TODOS CON RAMIRO |
FALOUNOS DE COMO ERA O UNIFORME |
AMOSOUNOS O ESCUDO DO BARCO E A BANDEIRA DE GALICIA QUE LEVA NO UNIFORME |
NÓS ESTABAMOS MOI ATENTOS E FIXEMÓSLLE UN MONTÓN DE PREGUNTAS |
EXPLICOUNOS QUE EMPREGABAN O WALKIE PARA FALAR ENTRE OS COMPAÑEIROS CHAMÁNDOSE POR UN NÚMERO, ASÍ PUIDEMOS SAUDAR A BEA QUE NOS VISITA SEMPRE PARA FALAR DA EDUCACIÓN VIAL |
APRENDIMOS ALGÚNS DOS SINAIS QUE FAN PARA REGULAR O TRÁFICO |
LEMBROUNOS COMO FACER PARA PASAR UN PASO DE CEBRA |
POIDEMOS COMPROBAR QUE COUSAS LEVAN NO COCHE |
PUXEMOS A SIREA, A TOPEEEEEE!!!!! |
MOITAS GRAZAS RAMIRO POR VISITARNOS E CONTARNOS COMO ERA O TEU TRABALLO,
XA ESTAMOS IMPACIENTES POLA SEGUINTE VISITA
No hay comentarios :
Publicar un comentario