A teacher Merche pediume un favor, quería que escribise no blogue para darvos as grazas no seu nome e tamén no das súas compañeiras especialistas (Noelia, Tere e Sandra) polas mostras de cariño e o regalo da flor, foi todo un detallazo.
Eu como titora teño que dicir que tratei de facer o traballo da mellor maneira posible e que dende logo parece que algo de froitos tivo porque os regalos deixáronme coa boca aberta e os vosos aloumiños, os choros de emoción...
Foi un pracer estar con vós: nenos, nenas, pais, nais, avós..., de verdade que a miña sorte é inmensa porque teño o mellor traballo do mundo coñecer e traballar con xente coma vós.
O cadro que me fixestes ocupará un lugar moi especial no meu fogar, probablemente o colgue no meu lugar de traballo, e así, cando teña un momento de baixón a vosa imaxe daráme forzas para continuar traballando.
Grazas, grazas e moitas veces grazas
En canto teña fotos e videos da graduación tratarei de subilas ao blogue e polas fotos do curso non vos preocupedes que están en marcha.
No hay comentarios :
Publicar un comentario