miércoles, 9 de enero de 2013

VOLTAMOS Á AULA

Xa estamos de novo no cole e hoxe viñemos con moitas cousas que contar e con moitas ganas de traballar, e ademais tivemos sorpresa.
 
Por unha parte poidemos probar o biscoito, orixinario de Sevilla que deixamos pendente antes das vacacións de nadal. Algúns non lles gustou (seguramente porque non levaba chocolate), outros non quixeron probalo pero a maioría dixeron que ESTABA BOÍÍÍÍSIMOOOOO!
GRAZAS PROFE CARMELA POR PASARNOS A RECEITA E TAMÉN POR PASARNOS A MASA NAI COA QUE SE FAI.




 
 Por outra banda atopámonos que, non sabemos se Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos nos deixaron un xogo novo para a clase e xa pensamos en aproveitalo no noso seguinte proxecto que será:
O ARTE
Mamás e papás xa podedes ir pensando que será o que levemos á aula no vindeiro mes que será cando comezemos o novo proxecto.


 

No hay comentarios :

Publicar un comentario