martes, 22 de enero de 2013

VISITAS NA NOSA AULA: Julia

Nestes venres, pola tarde, tivemos visitas dentro da aula de familiares que viñan a contarnos cousas sobre os seus lugares de orixe: URUGUAI, BRASIL E BILBAO

A primeira vistita en visitarnos foi Julia, avoa de Paula Domaica. Falounos de Uruguai e contounos moitas cousas interesantes:
O PRIMEIRO QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN É QUE JULIA TEN UN ACENTO DISTINTO AO NOSO
PAULA AXUDOU A SÚA AVOA EN TODO MOMENTO, ESTABA MOI EMOCIONADA
AMOSOUNOS AS MOEDAS DE URUGUAI
CHÁMANSE PESOS

TAMÉN TIÑA MOEDAS DE ESPAÑA MOI ANTIGAS E QUE PESABAN UN MONTÓN

GUSTÁBANOS MOITO MIRAR AS FOTOS E COUSAS QUE NOS TROUXO

OS SEÑORES QUE ÍAN A CABALO PARA COIDAR AS VACAS ERAN OS GAUCHOS
 
ESTAS SON AS BOLEADORAS QUE EMPREGAN OS GAUCHOS PARA ATRAPAR AS VACAS

RESULTA QUE EN URUGUAI TAMÉN HAI INDIOS SON OS CHARRÚAS

CONTINUAMOS VENDO MÁIS FOTOS
ALÍ COMEN MOITA CARNE E COMEN CARNE DO ROEDOR MÁIS GRANDE DO MUNDO : CARPINCHO, ADEMAIS TAMÉN COMEN MOITA VACA, AVESTRUCES E CABALOS, MENUDOS CARNÍVOROS ESTÁN FEITOS JEJE

TAMÉN LLES GUSTA MOITO A MÚSICA E TOCAR OS TAMBORES, O SEU BAILE TÍPICO É O TANGO
A verdade é que aprendimos un montón con Julia e dende aquí mandamoslle un bico moi forte e dámoslle as GRAZAS porque nos fixo pasar unha tarde moi agradable





No hay comentarios :

Publicar un comentario