Estamos moi motivados co novo tema a investigar. Durante o pasado mes estivemos facendo papel reciclado e xa o empregamos para facer os nosos marcapáxinas do día do libro.
Agora toca facer xabón e aproveitar o aceite que nos queda vello na cociña e non podemos tirar polo desaugue, xa que contamina e obstrúe as tuberías.
O que queremos é facer xabón e imos facelo en 3 versións:
DURO ( o típico que facían as avoas)
EN PÓ (para lavar na lavadora)
LÍQUIDO (tamén para a lavadora)
Pero antes de comezar precisamos a receita do mesmo, por iso hoxe levamos para a casa unha ficha para cubrir cos ingredientes e a preparación, para que os nenos e nenas poidan preguntar ás familias se saben a receita ou coñecen a alguén: un tío, veciño a avoa do pobo... e podedes continuar mandando aceite.
O máis importante é que faledes e participedes todos xuntos dunha actividade que estreite lazos cos vosos fillos e fillas e que vexan que poñedes interese nos traballos que facemos na escola.
Se queredes información sobre os diferentes xabóns podedes clicar no seu nome, ahí tedes un enlace a receitas de cada un deles.
Para que luego digan.. en tiempos de crisis en el cole se han puesto las pilas y nos enseñan a todos a elaborar jabon ,en mi casa lo hemos probado y el resultado ha sido muy bueno asi que todos/as a trabajar un saludo a todos
ResponderEliminarMoitas grazas Vero polos comentarios tan positivos.
ResponderEliminarSó espero que cando os nenos e nenas leven as mostras do xabón para a casa os usedes e comprobedes que lavan de maravilla.
Grazas a ti por investigar cousas tan interesantes, e seguro que o xabon e un exito!!!!!
Eliminar