Este ano tanto o Equipo da Biblioteca como o de EDNL fixeron unha proposta estupenda: realizar no centro un proxecto.
En infantil xa levamos 2 anos empregando unha metodoloxía de proxectos, pero encántanos a idea de que podamos participar todos nun proxecto conxunto.
O tema escollido é o da historia centrada en Valdeorras sobre as Épocas Castrexa e Romana. Animádevos a traballar na casa cos vosos fillos e fillas na procura de información.
Aquí vos deixo unhas cantas preguntas que nos poden guiar no noso traballo:
- Quenes eran os celtas? E os romanos?
- Como vivían? (Vivenda, vestido, alimentación...)
- Qué facían para divertirse?
Pero aínda se pode indagar moito máis sobre as súas crenzas, os símbolos celtas, as festas que celebraban, as xoias, a búsqueda de ouro, a lingua...
No hay comentarios :
Publicar un comentario