jueves, 2 de diciembre de 2010

FLACUCHO VISITA OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO CURSO

Fai xa máis dunha semana que Flacucho(o noso esquelete) decidiu visitar aos nenos e nenas de 1º de primaria. A súa marcha deixounos algo tristes pero a cambio déronnos algo novo co que investigar .............. UN OLLO
O ollo enseguida espertou nos nenos ansias por coñecer máis cousas sobre él e rápidamente nos demos conta de que todos tiñamos un puntiño no medio de cor negra: A PUPILA
Pero o máis asombroso da pupila é cando descubrimos que se facía máis grande e máis pequena. Na casa podedes experimentar no espello do baño coa luz acesa e apagada e achegándonos moito ao espello para ver o cambio, tamén podemos facer coma nós na aula e empregar unha linterna.
No seguinte video vese moi ben o proceso de dilatación e aos rapaces encantoulles.

No hay comentarios :

Publicar un comentario