Pancho Sandiás é o avó de Gael, quen nos contou que o seu avó ten unha exposición de fotos no Centro Comarcal Valdeorres nas que se reflicte a vida e a xente que había na nosa comarca nos anos 60 e 70.
Onte, pola tarde, trouxo o catálogo da exposición e contáballe aos compañeiros quenes eran as persoas que estaban nas fotos (a maioría familiares seus) e fixóme moita gracia que cando os nenos/as observaron o catálogo alguén dixo: "¡ESTAS FOTOS NO TIENEN COLOR!".
A verdade, se miramos as fotos dende a perspectiva dos nenos/as de 5 anos, podemos darnos conta de que o mundo é moi diferente e as fotos de Pancho achégannos un pouquiño máis a realidade dos nosos pais, nais, avós e avoas.
Estamos entusiasmados coa idea de poder ir visitar a exposición e comprobar por nós mesmos as diferenzas que hai co noso entorno máis inmediato.
Noraboa a Pancho polo seu traballo e grazas a Marga (nai de Gael) por achegarnos este anaquiño de historia.
Aquí vos deixo un enlace (picade na foto) a unha noticia que saíu na Voz de Galicia sobre a exposición e se podedes non deixedes de visitala durante este mes de novembro.
a todos nos gusto mucho la esposicion do avo de gael un aplauso mui fuere a gael i a suo avo
ResponderEliminar